Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Igrexa toma medidas para aforrar na factura enerxética

A Igrexa toma medidas para aforrar na factura enerxética

Reducir o uso da calefacción ou facer colectas para pagar a luz son algunhas das opcións

Tamén invisten en sistemas de aforro enerxético e autoconsumo fotovoltaico

O vicario para o Sostemento da Igrexa apaga as luces da igrexa da Valenzá
G24.gal 08/11/2022 20:27 Última actualización 08/11/2022 20:41

En canto o párroco entra na igrexa da Valenzá, xa hai unha factura da luz agardando baixo a porta. Esta é pequena, vinte e pico euros da casa reitoral.

"Por exemplo, no Bispado de Ourense algún mes chegamos a ter unha factura de tres mil euros da luz", explica Raúl Alfonso González, Párroco e Vicario para o Sostemento da Igrexa.

Nas parroquias, 735 en Ourense, os gastos páganse coas doazóns dos fieis.

"A través das cestas os domingos na misa, lampadarios, doazóns...", sinala o vicario.

Pero co encarecemento da enerxía no último ano e medio, esas achegas non abondan e xa empezaron a tomar medidas.

"Nas parroquias máis grandes, sobre todo, haberá que facer colectas especiais e reducir gastos, como non poñer a calefacción", detalla Raúl Alfonso.

Autoconsumo

Tamén invisten en aforro enerxético e en sistemas de autoconsumo. As clarisas de Vilar de Astrés, unha comunidade de dezaoito relixiosas que elaboran doces artesáns, instalaron paneis solares no convento.

"Aquí temos un forno moi grande, que consume moito. Tamén a picadora de améndoa, a amasadora...", explica Sor Ana María, Clarisa reparadora.

A primeira factura co novo sistema reducíuselles a unha terceira parte: de 1.300 a 400 euros mensuais.

Tamén no Seminario Menor teñen un proxecto para instalar paneis, pero iso complícase nos numerosos edificios da diocese con protección patrimonial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade