A igrexa da Compañía de Monforte estrea iluminación
A igrexa da Compañía de Monforte estrea iluminación
O novo deseño custou 90.000 euros e financiouno Iberdrola
A igrexa da Compañía de Monforte estrea iluminación interior. Inaugurouse este martes, despois de case dous anos de traballo
É un novo sistema de iluminación artística que lle dá á igrexa da Compañía un aspecto completamente novo. Está feito na súa totalidade con tecnoloxía led, o cal permitirá ademais un importante aforro enerxético na iluminación do templo.
O deseño non se centra só en iluminar os elementos arquitectónicos e artísticos do templo, senón en mellorar o conxunto da igrexa, que se encontra no monumental colexio dos Escolapios, catalogado como Ben de Interese Cultural.
O proxecto custou 90.000 euros e financiouno a Fundación Iberdrola. Levou case dous anos de traballo minucioso, sen usar apenas andamios, para preservar a integridade e a conservación do monumento.