Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Igrexa acorda co Goberno pagar dous impostos dos que estaba exenta

A Igrexa acorda co Goberno pagar dous impostos dos que estaba exenta

O pacto alcanzado afecta as tributacións sobre Construcións, Instalacións e Obras

O acordo, aseguran, desenvólvese "na vontade de equiparar o réxime fiscal da Igrexa católica coas entidades sen ánimo de lucro"

Bolaños cifra en 16 millóns o que pagará a Igrexa

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, saúda o nuncio en España, Bernardito Auza (EFE/Borja Sánchez Trillo) O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, saúda o nuncio en España, Bernardito Auza (EFE/Borja Sánchez Trillo)
G24.gal 29/03/2023 12:04

O Goberno de España e a Conferencia Episcopal Española (CEE), coa conformidade coa autoridade vaticana, alcanzaron un acordo para a renuncia ás exencións de impostos sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e que afectan as contribucións especiais contempladas nos Acordos coa Santa Sé.

Con este fin, o Goberno vai derrogar a Orde Ministerial do 5 de xuño de 2001 do Ministerio de Economía e Facenda onde se regula a inclusión do ICIO no Acordo entre o Estado Español e a Santa Sé sobre Asuntos Económicos, segundo informaron nun comunicado conxunto.

Neste sentido, precisan que este acordo desenvólvese "na vontade compartida entre o Goberno de España e a Conferencia Episcopal Española de equiparar o réxime fiscal da Igrexa católica coas entidades sen ánimo de lucro, conforme ao principio de non privilexio e non discriminación".

O acordo faise efectivo este mércores mediante o correspondente troco de notas entre o Goberno e a Nunciatura Apostólica.

16 millóns os ingresos por impostos que pagará a Igrexa

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, cifrou en 16 millóns de euros anuais os novos ingresos que terán os concellos grazas ao acordo entre o Goberno e a Conferencia Episcopal.

"Este acordo supón a fin dos privilexios fiscais da Igrexa católica no pagamento de dous impostos. A partir de hoxe, a Igrexa será tratada como calquera entidade sen ánimo de lucro en España", afirmou Bolaños.

Destacou a importancia deste acordo, froito dun ano de "traballo intenso de negociación discreta", que deu como resultado este troco de notas entre a Igrexa e o Goberno de España "que tantos beneficios terá para erario público dos concellos e entidades locais".

Lembrou que o réxime fiscal da Igrexa en España deriva dos acordos económicos coa Santa Sé, asinados en xaneiro de 1979, e explicou que o acordo alcanzado hoxe permite modificalos a través do troco de notas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade