Cargando resultados...
A historia do tren en Galicia, contada dende un vagón histórico
O 15 de setembro de 1873 inaugurouse a primeira liña ferroviaria de Galicia, entre Cornes e Carril
Un novo libro repasa eses 150 anos que foron do vapor ata o AVE
G24.gal
15/06/2024 15:30
Última actualización 17/06/2024 16:02
Xa 150 anos de tren en Galicia. Do vapor ao AVE, o camiño de ferro chegou como unha revolución. Entre aquelas primeiras máquinas que non pasaban dos 30 quilómetros á hora, e as actuais que corren a 300, o tren proporcionounos maneiras diversas de ir soñando a viaxe.