Publicador de contidos

Publicador de contidos

A herba de Wimbledon é o xardín de Novak Djokovic

A herba de Wimbledon é o xardín de Novak Djokovic

Gañou o sétimo título en Londres impoñéndose na final a Kyrgios en catro sets

G24.gal 10/07/2022 20:15

Wimbledon volveu coroar o actual rei, a Novak Djokovic. O serbio demostrou que lle gusta herba do All England Tennis Club, na que arestora non ten rival. Sete títulos, os últimos catro de maneira consecutiva.

Comezou perdendo o primeiro set ante Kyrgios 4-6. O australiano demostrou neste torneo todo o seu talento, con grandes golpes e potentes saques pero tamén que a cabeza semella ser o seu principal rival. Djokovic, máis veterano, tirou de tranquillidade e orde e así levou as dúas seguintes mangas: 6-3 e 6-4.

No cuarto os dous equipos mantiveron o servizo e xogárono todo no tie break. O australiano comezouno cunha dobre falta e volveuse descentrar. Perdeu o desempate e con el a posibilidade de gañar o seu primeiro grande. Ao rematar o encontro, agradeceulle o público o seu apoio e recoñeceu que teñen unha relación complicada, polo que lles deu as grazas por aguantalo.

Djokovic recoñeu que Wimbledon é o seu torneo máis especial. Nel acadou o seu grande número 21, supera a Federer e queda a un de Nadal. Se todo segue igual, non poderá igualar o manacorí nos Estados Unidos. Non pode disputar o US Open por negarse a vacinarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos