Cargando resultados...
Novo amigable para a pretempada do Deportivo
O Real Oviedo será outro rival no calendario de preparación do Dépor no seu regreso á Primeira División
Imaxe do Real Oviedo
G24.gal
23/06/2026 09:15
Última actualización 23/06/2026 11:00
O Deportivo continúa avanzando na preparación do seu proxecto para o regreso á Primeria División e vén de confirmar o seu terceiro amigable da pretempada. O encontro disputarase o 25 de xullo ás 19:30 horas no Carlos Tartiere fronte ao Real Oviedo, equipo que acaba de descender a Segunda División tras unha campaña en primeira bastante decepcionante.
Este partido únese ós dous compromisos xa anunciados para o mes de agosto en Italia: o xoves día 6 contra a Fiorentina e o sábado día 8 fronte ao Genoa.