A habilidade para amansar bois converte un gandeiro da Rúa en especialista de cine

Mario Nogueira xa participou na rodaxe de varios proxectos audiovisuais como series e anuncios

Acaba de regresar de Roma onde domou varias vacas para unha película, a primeira a nivel internacional

G24.gal 03/11/2023 20:55 Última actualización 03/11/2023 21:35

Manexa el só cinco bois como se fosen animais de compaña. É o froito de toda unha vida dedicada a tratar co gando e da empatía e a paixón que sente por estes animais. 

"A nobreza que lle vin nos ollos cando era pequeno atrapoume", comenta Mario Nogueira que conta cunha explotación.

Para compartir esta admiración cos demais comezou levando os bois a festa e romarías. De aí o salto a gran pantalla coa participación en Al final del Camino ou Doctor Who. Tamén colaborou na rodaxe dun anuncio para unha coñecida marca de luxo. Agora acaba de regresar de Italia onde tivo que amansar cinco vacas para unha película ambientada no Imperio Romano. É a súa primeira participación nun filme a nivel internacional.

"Tiven que domalas para que os actores puideran rodar os planos curtos", afirma Mario. "O primeiro que hai que facer é que respecten as persoas que está diante, collelas da corda e que te sigan e despois a que estean quietas".

Conseguiuno en tan só unha semana. Un don que converteu a Mario nun referente dentro do mundo cinematográfico, pondo en valor o traballo  que tradicionalmente se realizaba cos bois en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar