A Guarda prohibe o baño en dúas praias por contaminación microbiolóxica
O Concello prohibe temporalmente o baño nos areais da Armona e O Muíño
Praia da Armona na Guarda (Turismo de Galicia)
O Concello da Guarda prohibiu temporalmente o baño nas praia da Armona e O Muíño tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade en que se indica que a última mostra de auga recollida nestes areais presenta unha contaminación microbiolóxica que supera os límites establecidos para autorizar o baño.
Segundo informa este mércores o consistorio, ante esta situación, e co obxectivo de garantir a seguridade e a saúde das persoas usuarias, procedeuse á prohibición do baño nestas praias, medida que xa está en vigor ata novo aviso.
A restrición manterase ata que se coñezan os resultados do contraanálises e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros permitidos pola normativa vixente.