A guía Repsol concede 78 Soletes de outono-inverno a locais galegos
A distinción quere recoñecer lugares emblemáticos, populares e apetecibles
Un equipo de expertos en gastronomía repartidos por toda España foi o encargado de facer a escolla
A Guía Repsol acaba de dar a coñecer os nomes dos 78 restaurantes e bares aos que lle concedeu a distinción de Solete en Galicia. Recoñecen así a calidade e a popularidade de moitos dos establecementos máis emblemáticos.
No restaurante Casa Rosita, en Cambados, levan 140 anos servindo comidas. Rosa é a quinta xeración. O Solete colleunos por sorpresa. A súa prioridade é a calidade do produto.
En Compostela, nun dos barrios máis emblemáticos da cidade, agárdanos Cristian, da Tasquiña de San Pedro. Soubo do Solete de Repsol, canda a súa muller, o 50 % do negocio. Defínense como taberna de barrio.
E ese é o espírito dos máis de 70 Soletes que Repsol repartiu en Galicia. Por seren emblemáticos, apetecibles e populares.