Publicador de contidos

Publicador de contidos

A gran compra mensual ten os días contados

A gran compra mensual ten os días contados

Os españois prefiren mercar día a día segundo as necesidades e ter máis control dos produtos e do gasto

Este cambio de hábitos penaliza aos hipermercados en beneficio das tendas de barrio e os supermercados pequenos
 

Os consumidores van máis veces ás tendas e fan compras máis pequenas
G24.gal 18/09/2025 14:33

Ver nos hipermercados carros cheos ata arriba de produtos empeza a ser cousa do pasado. Agora o que toca é levar o carriño da compra. E é que, segundo un recente informe sobre hábitos de consumo, os españois están cambiando a mentalidade e agora prefiren mercar case a diario en detrimento dunha gran compra ao mes.

"Eu creo que imos todos cara a iso, pouco a pouco, vaia, segundo teñas falta, pero non aquelas cantidades que comprabamos".

"Compro cada día, compro normalmente cada día", comentan varios consumidores.

Este cambio de hábitos está relacionado coa inflación e as fortes subas de prezos que minguan as economías familiares, pero tamén cunha maior necesidade de controlar o que se compra e de evitar o desperdicio alimentario.

"Compras cun pouco máis de sentido".

"Podo mercar as cousas frescas e non teño que agardar a que se poñan malas, e eu creo que é o xeito de ter un mellor control".

"Tendo tempo, colles o peixe máis fresco, colles as ofertas puntuais que poida haber...".

O tempo xoga un papel fundamental, pero non todo o mundo dispón del. O peso tamén determina os hábitos de consumo.

 "Todas esas cousas que pesan, unha vez cada mes, grande".

Vivir no rural ou na cidade tamén é determinante.

"Se vives na aldea, fas unha compra grande, sobre todo produtos que non son perecedoiros".

Neste cambio de tendencia saen gañando os supermercados pequenos e as tendas de barrio.

"Cobran un pouquiño máis, pero falas coa xente".

Neste informe tamén se reflicte que a fidelidade xa non existe.

 "Non son fiel, compro máis no supermercado que teño máis de preto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade