Publicador de contidos

Publicador de contidos

A gasolina encarece 20 céntimos e xa custa máis de dous euros

A gasolina encarece 20 céntimos e xa custa máis de dous euros

Unha cifra impensable hai uns meses pero que nos últimos días xa estaba nas contas que botaban os condutores

G24.gal 08/03/2022 17:23

A escalada de prezos tampouco cesa nos combustibles. Este martes nalgunhas estacións de servizo da comunidade, o litro de gasolina xa se paga a máis de dous euros.

Unha cifra impensable hai uns meses pero que nos últimos días xa estaba nas contas que botaban os condutores. 

Poucos condutores se animan hoxe a parar nesta estación de servizo para encher o depósito dos seus coches. E é que dun día para outro, na que era a gasolineira máis barata da zona, os carburantes encarecéronse 20 céntimos.

"Acábolle de botar 50 euros, e antes a agulla subía case ata arriba e agora queda polo medio... é moito", di un usuario.

"Pagas ou vas en patinete , bicicleta... todo o que non leve motor", comenta outro condutor.

Coa gasolina sen chumbo por riba dos dous euros, xa son moitos os que con retranca buscan alternativas máis económicas para poder moverse dun sitio a outro. 

"Como sigamos así vamos ter que mercar un carro e un cabalo", comenta outro usuario con retranca.

Aínda que estes prezos semellaban impensables hai uns meses, os clientes non son nada optimistas. Só nos últimos días o prezo dos combustibles incrementouse xornada a xornada entre un e dez céntimos, acadando máximos históricos que polo de agora non teñen límite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade