Publicador de contidos

A Garda Civil segue á busca de restos da muller despezada en Torrevieja

A Garda Civil segue á busca de restos da muller despezada en Torrevieja

G24.gal 30/10/2021 19:59

O detido como suposto autor do despezamento da súa parella tras matala en Torrevieja pasará a súa primeira noite en prisión.

Mentres o home, un finlandés de 70 anos, declaraba perante o xuíz, os axentes da Garda Civil seguían coa busca dos restos da vítima, de 68 anos e da mesma nacionalidade. Os primeiros pedazos do corpo da muller apareceron nun colector, nas proximidades dun supermercado, onde os localizou outro home que buscaba restos entre o lixo. Outras partes da vítima apareceron na vivenda que compartía a parella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade