Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil investiga quen está detrás do incendio dun camión e un coche en Silleda

A Garda Civil investiga quen está detrás do incendio dun camión e un coche en Silleda

Varias testemuñas viron saír correndo unha persoa cun bidón na man

Outro camión estaba preparado co palla nas rodas para ser incendiado

A empresa á que pertence o camión cree que pode ser unha sabotaxe

G24.gal 29/05/2023 13:53

A Garda Civil investiga quen pode estar detrás do incendio dun camión de traslado de animais, da empresa silledense Nudesa, que afectou a outro vehículo particular estacionado a carón del na rúa Camiño do Castro, de Silleda. 

Varias  persoas que saían dun bar próximo, viron saír correndo unha persoa cun bidón na man.

Desde a empresa falan dunha posible sabotaxe, xa que atoparon preparado para incendiar outro camión aparcado xusto detrás. Descoñecen que puido motivar o ataque.

O lume calcinou a cabina do camión e tamén gran parte do vehículo aparcado ao seu carón.

Tras presentar unha denuncia ante a Garda Civil, agora a súa propietaria debe agardar ao que se desprenda da investigación dos axentes especializados en incendios.

Grazas á declaración das testemuñas, as forzas de seguridade poderían ter identificado o autor, aínda que de momento non se produciu ningunha detención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade