Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil investiga o incendio dunha planadora abandonada en Moaña

A Garda Civil investiga o incendio dunha planadora abandonada en Moaña

A lancha tiña dous motores, unha torre de comunicacións e unha gran reserva de combustible

G24.gal 17/01/2022 13:05

A Garda Civil investiga as circunstancias da aparición e do incendio dunha planadora fondeada na costa de Moaña e cuxa propiedade non foi reclamada por ninguén. O lume, que parece intencionado, requiriu unha ampla mobilización de medios de extinción durante a madrugada do domingo.

Polo de agora non trascenderon os pasos que se están a dar para aclarar as circunstancias en que ardeu, non só esta embarcación, senón tamén nas que quedou destruído un buque que estaba sendo despezado. Todo apunta a que o lume comezou na lancha rápida, de dez metros de eslora, e que estaba dotada cunha torre de comunicacións, dobre casco e grandes reservas de combustible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade