Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil intercepta 1.580 quilos de cocaína en Huelva

A Garda Civil intercepta 1.580 quilos de cocaína en Huelva

A droga apareceu nun vehículo que os sospeitosos abandonaron tras a persecución da Garda Civil

G24.gal 09/02/2025 12:22

A Garda Civil interceptou unha tonelada e media de cocaína nun vehículo que quedou abandonado en Sanlúcar de Guadiana, na provincia de Huelva. Son 1.580 quilos de cocaína que apareceron nun vehículo que os sospeitosos abandonaron tras a persecución da Garda Civil.

A droga estaba repartida en cincuenta e cinco fardos de tea que os axentes atoparon dentro do vehículo. A intervención produciuse despois de que os axentes recibiran unha chamada anónima na que os informaban de que había varias persoas que podían estar traficando no termo municipal.

A Garda Civil mobilizou varias patrullas ata o punto de que durante a fuxida os sospeitosos abandonaron varios vehículos. Nun deles os axentes localizaron os fardos de droga, que contiñan 1.580 quilos de cocaína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade