Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil e a GNR traballan xuntas pola seguridade no Camiño Portugués

A Garda Civil e a GNR traballan xuntas pola seguridade no Camiño Portugués

A Garda Civil e a GNR coordinan os seus medios para protexer os peregrinos no Camiño

Garda Civil a cabalo informando a peregrinos no Camiño Portugués
G24.gal 26/05/2022 15:00

Garantir a seguridade dos peregrinos e prestarlles atención informativa, sanitaria e mesmo psicolóxica é unha das misións que a Garda Civil realiza nos case 4.000 quilómetros de rutas xacobeas a través da oficina móbil de atención ao peregrino.

 "Cando te ven, quedan un pouco sorprendidos dicindo: esta xente que fai aquí?  Explícaslles o que facemos que estamos no camiño para atendelos a eles, para botarlles unha man, para axudalos e cando che ven a segunda vez xa te ven coma se foses un amigo , entón saúdante con alegría, cun sorriso no rostro, é digamos un traballo agradecido, moi bonito", explica  Francisco Vea da oficina móbil de atención ao peregrino.

Este xoves presentáronse en Tui os medios cos que conta a Garda Civil española e GNR portuguesa para garantir a seguridade nos camiños que transitan entre os dous países e que lles tramiten tanta seguridade aos peregrinos.

 "Aparte desa sensación que traen de que o camiño é seguro e que se sinten cómodos pois tamén é certo que as etapas son longas e duras e a atención e a información que se lles da, o auxilio en moitos casos pois agradéceno bastante", apunta Simón Venzal Contreras, xefe da comandancia da Garda Civil de Pontevedra

 "Eu creo que aí está tamén unha das claves do crecemento exponencial que experimentou o camiño portugués e o camiño da costa" continúa  Maica Larriba, Subdelegada do Goberno en Pontevedra.

En coche, en moto, a cabalo e mesmo en bicicleta. Así imos atopar os axentes percorrendo os distintos tramos dos camiños. Esta cooperación transfronteiriza puntual dentro da operación Bo Camiño funcionará durante os tres meses de verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade