Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil detivo o responsable do roubo de imaxes relixiosas na capela de Santa Rita de Boiro

A Garda Civil detivo o responsable do roubo de imaxes relixiosas na capela de Santa Rita de Boiro

O detido actuaba baixo a aparencia dun peón dunha empresa de obras e servizos

Os obxectos relixosos roubados (Fonte: Garda Civil)
G24.gal 21/02/2025 09:30

A Garda Civil de Boiro detivo o presunto autor da subtracción en dúas ocasións de imaxes relixiosas da capela de Santa Rita de Ponte Beluso en Boiro, e tamén doutros obxectos de culto.

A investigación, levada a cabo por efectivos do posto principal da Garda Civil de Boiro, permitiu identificar e deter o responsable, un veciño da localidade de Lousame (A Coruña), que actuaba baixo a aparencia dun operario dunha empresa de obras e servizos. Os feitos investigados ocorreron en novembro de 2024 e xaneiro de 2025. En ambas as ocasións, o detido accedía á capela en horario
nocturno
, vestindo roupa de traballo reflector para simular ser un traballador dunha empresa próxima, co obxectivo de non levantar sospeitas ante posibles testemuñas.

Grazas ás pescudas realizadas, lográronse  recuperar os obxectos subtraídos: dúas imaxes de Santa Rita, un cadro dun Cristo e un rosario. Estes elementos, doados por fregueses e devotos da parroquia, teñen un alto valor simbólico e sentimental para os veciños. 

O detido afronta cargos por dous delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica (roubo e furto). As dilixencias foron postas ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Ribeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade