Deteñen un home mentres roubaba nun centro cultural de Salvaterra
O detido é un home, cliente do local, que tamén entrou nunha vivenda lindeira ao centro cultural
Os afectados pensan que non actuou só
Foi unha noite complicada para Antonio. A alarma delatou o home que intentaba roubar na cafetería que el rexenta no centro cultural de Fornelos de Ribeira. A Garda Civil sorprendeu o ladrón coas mans na masa.
Dáse a circunstancia de que o detido era cliente do centro cultural e por iso sabía como acceder. Fíxoo polo tellado e os afectados pensan que xa tiña preparado o roubo.
O detido tamén entrou na vivenda lindeira, onde causou estragos: rompeu o motor do portal, tentou levar unha moto e onde falta unha bicicleta de alta gama, por iso os veciños están seguros de que non actuou só.
Os afectados pensan que o detido podería estar relacionado con outros roubos rexistrados na zona nas últimas semanas. Está investigado por dun delito de tentativa de roubo e danos.