Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden unha farmacia aberta as 24 horas en Palas de Rei

Piden unha farmacia aberta as 24 horas en Palas de Rei

Tras a recollida de sinaturas conseguiron retomar as gardas durante as fins de semana, pero só ata as dez da noite

Cada quince días quedan sen servizo nocturno tendo que moverse ata Monterroso, que está a uns dez quilómetros de distancia

 

 

G24.gal 30/06/2026 14:37 Última actualización 30/06/2026 14:48

Amparo é unha das tantas veciñas afectadas por esta reorganización de gardas nas farmacias na Comarca da Ulloa. Non pode moverse con facilidade e cando ten que desprazarse a Monterroso, a outro municipio a uns dez quilómetros de distancia, debe facelo en taxi.

Ela foi, xunto a outros miles de veciños, a encargada de recoller sinaturas para presentar no concello, na Consellería de Sanidade e no propio Colexio de Farmacéuticos de Galicia pedindo que unha das dúas farmacias que hai en Palas de Rei estea de garda as 24 horas, é dicir, día e noite igual que o PAC deste concello que atende toda a Comarca da Ulloa. 

A aplicación este ano dunha lei que regula os criterios de rotación e os requisitos mínimos de presenza física, mudou este servizo de gardas nas farmacias. E aínda que agora en verán reforzaron os horarios diúrnos cren que a partir de novembro volverán os peches para a poboación habitual. Non desbotan incluso mobilizacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos