Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños dos Rosales, na Coruña, defenden a seguridade do barrio

Os veciños dos Rosales, na Coruña, defenden a seguridade do barrio

Hai conmoción e incredulidade no barrio tras da morte dun veciño a coiteladas

G24.gal 30/06/2026 14:35

O suceso desta fin de semana mantén conmocionado o barrio dos Rosales.

"Mal porque éste é un sitio seguro. E ademais a plena luz do día", asegura un veciño.

Sensación de incredulidade entre os veciños, que aseguran que se trata dunha dunha zona residencial tranquila.

"Isto é unha cidade dormitorio. Non hai escándalos nin pasa nada", di unha veciña.

Na asociación de veciños din que se trata dun suceso fortuíto. E piden deixar traballar as forzas de seguridade.

"Podería pasar aquí coma en calquera outro barrio. Inseguridade non temos. Sempre foi un barrio tranquilo e seguirá sendo", explica Fernando Carrillo, presidente da asociación de veciños dos Rosales.

Desde o Partido Popular piden máis medios.

"Apostar pola policía local e máis efectivos. Tamén máis Policía Nacional e, sobre todo, policía de barrio", pide Miguel Lorenzo. 

E din que os datos do Ministerio do Interior colocan A Coruña entre as cidades máis inseguras de Galicia. Desde o Concello desbotan facer declaracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade