Cargando resultados...
A Garda Civil detén en Ourense un home por un presunto delito de incendio forestal
G24.gal
09/06/2022 13:18
A Garda Civil detivo un veciño de Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense, como presunto autor dun delito de incendio forestal.
Foron os propios axentes os que viron unha columna de fume e foron ata o lugar, ao chegar localizaron unha persoa con dous chisqueiros na man.
Ao preguntarlle que facía no monte preto do lume cun acendedor, ofreceu unha versión incoherente dos feitos polo que procederon a arrestalo. Por sorte o incendio foi extinguido a tempo e afectou menos de media hectárea.