Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fundación contra o Narcotráfico pide medidas "valentes" para reconducir a situación

A Fundación contra o Narcotráfico pide medidas "valentes" para reconducir a situación

As últimas operacións evidencian un incremento do movemento e a fabricación de estupefacientes en Galicia

G24.gal 17/09/2023 19:18

As últimas operacións antidroga que se levaron a cabo en España, e sobre todo en Galicia, poñen de manifesto o grande entramado loxístico que hai detrás deste tráfico de estupefacientes e as graves repercusións que xa están a ter na sociedade. 

No último grande alixo, a Policía Nacional interceptou o pesqueiro Bestazurra nas Rías Baixas con 2.287 quilos de cocaína a bordo. Os líderes da banda eran narcos albaneses que querían distribuír a mercadoría por toda Europa.

O recente desmantelamento dun laboratorio de cocaína en Cotobade e de estaleiros clandestinos no sur de Galicia para construír lanchas rápidas acendeu todas as alarmas. 

O xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Fernando Alonso, reclama medidas "valentes e urxentes" para poder reconducir a situación.

Piden un xulgado especializado neste eido, para poder afrontar procesos complexos, longos e difíciles de instruír. Tamén mudar as contías das fianzas, para que estean á altura do detido e do delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade