Publicador de contidos
Publicador de contidos

A frota pesqueira agarda os detalles do plan de axudas do Goberno

A frota pesqueira agarda os detalles do plan de axudas do Goberno

O sector advirte de que os 68 millóns de euros que recolle non son suficiente

G24.gal 29/03/2022 14:18

Os barcos da frota pesqueira volveron ao mar, pero os prezos do gasóleo manteñen o sector nunha situación límite.

Hai sectores como o cerco ou o litoral que están traballando con perdas. O mundo do mar ten a vista posta nos detalles do plan de axudas do Goberno para paliar as consecuencias da alza dos combustibles.

Pero xa advirten de que os 68 millóns de euros que contemplan para a pesca non lles parecen abondo. O sector pesqueiro analizará polo miúdo as medidas, pero advirte de que de non ser suficientes, volverán amarrar os barcos a porto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade