Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fonsagrada é un paraíso para a biodiversidade para o Grupo Naturalista Hábitat

A Fonsagrada é un paraíso para a biodiversidade para o Grupo Naturalista Hábitat

O estudo da fauna e da flora de cada área é esencial para a súa conservación

Hai 46 anos que o Grupo Naturalista Hábitat se dedica ao estudo da fauna e flora de Galicia

G24.gal 02/08/2025 19:38

Hai 46 anos que o Grupo Naturalista Hábitat se dedica ao estudo da fauna e flora de Galicia, un traballo esencial, segundo nos comenta o xestor de proxectos Manuel Cernadas, "porque só coñecendo o que hai pode protexerse".

Con todo a biodiversidade está diminuíndo cada día por causas multifactoriais, pero a intervención do home ten boa parte da culpa da situación da fauna e da flora, onde cada día hai menor variedade debido a monocultivos extensivos e ao quecemento global. Obviamente Galicia non escapa a este progresivo empobrecemento da biodiversidade.

Así e todo, hai zonas como A Fonsagrada que son un paraíso para a fauna e a flora, explica o Grupo Naturalista Hábitat.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade