Publicador de contidos

Publicador de contidos

O paro dos transportistas déixase sentir nos estantes dos supermercados

O paro dos transportistas déixase sentir nos estantes dos supermercados

O leite é agora un dos produtos máis demandados

O peixe fresco redúcese ás prazas de abastos

G24.gal 18/03/2022 14:39

O paro do transporte déixase sentir con forza nos estantes dos supermercados. Comezan a escasear algúns produtos e os clientes mesmo se atopan con zonas completamente baleiras. Agora o leite é o produto máis buscado e hai escaseza de todas as variedades.

Nos supermercados tamén falta peixe, algo que si van recuperando paseniño nas prazas grazas ao transporte en pequenos vehículos, con todo recoñecen que hai pouca variedade e que traballan ao día e con incerteza.

Nos mercados notan tamén que os clientes compran máis para conxelar. Dende o Clúster Alimentario de Galicia din que a situación é moi complicada, especialmente nos sectores con produtos perecedoiros e piden medidas especiais para o trasporte de produtos de alimentación.

O medo ao desabastecemento e tamén á suba dos prezos enche estes días as cestas da compra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade