Publicador de contidos

Publicador de contidos

O conflito do transporte empeora a situación da frota, afogada polo prezo do gasóleo

O conflito do transporte empeora a situación da frota, afogada polo prezo do gasóleo

O sector reuniuse coa conselleira do Mar para buscar solucións a unha situación "límite"

Piden bonificacións no gasóleo, exoneración de cotas da Seguridade Social e axudas directas

Solicitan protección para que os transportistas de peixe cheguen aos mercados

G24.gal 16/03/2022 14:47

O sector pesqueiro pide medidas urxentes para saír adiante. Queren evitar o amarre total da frota e tamén o desabastecemento de peixe fresco no mercado. Para iso reclaman ao Goberno central descontos no gasóleo e axudas directas ao sector. 

A conselleira do Mar Rosa Quintana explica despois de reunirse co sector que o máis inmediato é "a exención do IVE dos carburantes, ou medida similar, como se fixo noutros países como Francia ou Irlanda, a exención das cotas da Seguridade Social e arbitrar axudas de mínimos, de 120.000 euros por buque".

A prórroga dos créditos ICO e a rebaixa de taxas portuarias son outras das medidas con que buscan paliar unha situación límite, agora agravada pola folga do transporte.

"Os poucos barcos que saen a pescar e teñen que vender o peixe, chegan e non poden vendelo. É un alimento básico e teñen que garantir que chega á poboación", explica José Antonio Pérez, presidente da Asociación Galega de Confrarías.

Os armadores advirten de que a situación pode parar as frotas que están pescando na altura, o cal significaría abrir a porta de entrada de peixe estranxeiro. Reclaman seguridade para poder colocar as capturas no mercado.

"Necesitamos darlles protección aos transportistas que levan a mercadoría para que así poidan chegar a Mercamadrid, Mercabarcelona e outros centros loxísticos", indica Javier Touza, presidente da cooperativa de armadores de Vigo, ARVI.

A semana que vén o ministro Planas proporá en Bruxelas compensacións previstas no Fondo Europeo Marítimo. Despois, reunirase co sector pesqueiro, que decidiu adiar o paro total da frota á espera do que alí se consiga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade