Publicador de contidos

Publicador de contidos

A folga de Ryanair deixou sete voos atrasados en Santiago este luns

A folga de Ryanair deixou sete voos atrasados en Santiago este luns

En España houbo seis cancelacións en Barcelona e Palma de Mallorca e 75 demoras

G24.gal 15/08/2022 20:45

Para os que van e volven en avión, o aeroporto de Santiago sufriu hoxe sete atrasos a consecuencia da primeira xornada de folga desta semana en Ryanair. No resto do Estado, houbo seis cancelacións en Barcelona e Palma de Mallorca e 75 demoras nos dez aeroportos nos que opera a compañía irlandesa.

Chegas ao aeroporto con presas para facer algo no teu destino e atópaste con isto.

E iso que non é unha cancelación. En Galicia polo de agora a folga de tripulantes de Ryanair non as provoca pero si logra facer reflexionar ao viaxeiro.

É unha folga que está convocada ata despois de Nadal cada semana de luns a xoves. Xa viron que hai quen prefire pagar máis por outro voo ou facer máis escalas pero non todos pensan igual.

No que si hai acordo é que o usuario está do lado dos traballadores.

A incidencia da folga ten máis incidencia o resto de España. Esta mañá rexistráronse 6 voos cancelados en Barcelona e 78 atrasos no total do estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade