Cargando resultados...
A Fiscalía recibe a información de Suíza sobre o rei emérito
O exame da documentación, último paso antes do peche das investigacións

Antón Montero
16/12/2021 20:16
A Fiscalía do Tribunal Supremo xa ten no seu poder a documentación sobre o rei emérito que reclamara a Suíza. A información fai referencia a fortuna que Xoán Carlos I mantiña oculta en 2015 e 2016, cando xa non ocupaba a xefatura do estado.
A Axencia Tributaria analizará agora se esa información se corresponde coa que o propio rei emérito achegou cando se puxo ao día con Facenda.
A fiscalía non cre que vaian aparecer datos novos, pero cre necesario examinar esa documentación antes de decretar o arquivo das investigacións.