Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía pide para Santi Mina, xogador do Celta, oito anos de prisión

A Fiscalía pide para Santi Mina, xogador do Celta, oito anos de prisión

A acusación particular pide para Santi Mina e David Goldar nove anos e medio de cadea

Segundo o informe dos forenses: a vítima tiña lesións “compatibles” co relato e secuelas como “ansiedade”, “tristeza cronificada” e “nervios”

Están acusados dunha presunta agresión sexual a unha moza nunha furgoneta en Mojácar en 2017

G24.gal 30/03/2022 14:12

A Audiencia Provincial de Almería reiniciou o xuízo contra os futbolistas David Goldar e Santi Mina por un presunto delito de agresión sexual.

Os dous xa declararan o luns pasado e aseguraron que as relacións foran consentidas. A Fiscalía pide para Santi Mina, xogador do Celta, oito anos de prisión e solicitou o sobresemento para o outro acusado. A acusación particular pide para ambos os dous nove anos e medio de cadea.

Os feitos remóntanse a 2017 e hoxe está previsto que declaren cinco axentes da garda civil, tres detectives privados e tres peritos.

Segundo o informe dos forenses: a vítima tiña lesións “compatibles” co relato e secuelas como “ansiedade”, “tristeza cronificada” e “nervios”

O forense di que detectou 4 lesións extraxenitais e unha xenital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade