Cargando resultados...
A fin de semana da Noitevella deixa 29 accidentes en Galicia
Os sinistros provocaron 34 feridos

ana lois
03/01/2022 20:22
Nas estradas galegas, esta fin de semana da Noitevella producíronse 29 accidentes de tráfico. 34 persoas quedaron feridas nestes sinistros. A Coruña e Pontevedra foron as provincias con maior número de accidentes.
No conxunto do Estado faleceron 9 persoas e outras tres quedaron feridas en catro accidentes ocorridos entre o 31 de decembro e as 20:00 h do domingo.
O sábado, 1 de xaneiro, morreron tres galegos veciños de Meirás en Mota del Cuervo, Cuenca, e dúas persoas máis quedaron feridas ao saír da vía o vehículo no que viaxaban.