Cargando resultados...
A filla de Manuel Ferrol entregará mañá ao papa a icónica fotografía 'O pai e o fillo'
A instantánea foi tomada no porto da Coruña o 27 de novembro de 1957

G24.gal
09/11/2021 21:28
A filla do fotógrafo galego Manuel Ferrol entregará mañá ao papa Francisco unha das fotos máis emblemáticas da emigración galega.
A instantánea foi tomada no porto da Coruña o 27 de novembro de 1957. É unha imaxe desgarradora que reflicte o drama da emigración. 'O pai e o fillo' estivo censurada durante moitos anos e a súa autoría non se deu a coñecer ata ben entrada a democracia.