Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Festa da Istoria de Ridadavia volve condicionada polas restricións da seca

A Festa da Istoria de Ridadavia volve condicionada polas restricións da seca

Os operarios municipais traballan arreo nos preparativos para conseguir que os cortes de subministración afecten o menos posible á celebración

Na próxima noite non haberá auga de 3:00 a 8:00 da mañá e o na do sábado ao domingo das 00:00h a 8:00

G24.gal 26/08/2022 14:56

Están sendo horas de moitos traballo nesta xornada que en Ribadavia denomina "a pre-Istoria". Están chegando xa turistas e visitantes que veñen a coñecer e a gozar deste festa que, calcúlase, vai multiplicar por seis a poboación da vila.

Quedan menos de 24 horas e o ambiente xa se sente nas rúas do barrio xudeu. Hai ensaios no castelo e locen os estandartes como se todo fose normal. Para que sexa así, a actividade é incesante na beira do Avia, onde catro cisternas cos seus correspondentes operarios traballan sen tregua para manter o depósito en máximos. 

Veciños, turistas e hostaleiros confían en que a experiencia de máis de trinta anos de organización permitan resolver unha edición á que a seca llo está a poñer difícil. 

Os cortes na próxima noite serán de 3 a 8 da mañá e o da do sábado ao domingo de doce a oito. Mentres, seguen as obras de captación por se a seca se alonga. No concello calculan que estarán rematadas a comezos de setembro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade