Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Festa da Auga en Vilagarcía cumpriu coa tradición e coa moderación no gasto

A Festa da Auga en Vilagarcía cumpriu coa tradición e coa moderación no gasto

Este ano non houbo camións cisterna nin mangueiras, pero a festa estivo garantida igualmente

G24.gal 16/08/2023 14:22

A Festa da Auga de Vilagarcía. Este ano en consonancia cos criterios de sostibilidade, este ano non haberá camións cisterna nin mangueiras, pero a festa estivo garantida igualmente.

É unha celebración popular que se fai despois de trasladar a imaxe de San Roque desde a igrexa de Santa Eulalia de Arealonga ata a súa ermida. A xente pide auga aos habitantes da vila “para refrescarse”, e é que moitos levan toda a noite en pé, e boa falta lles fai.

Aquí o mellor é ir vestido con roupa lixeira, chanclas, traxe de baño e unha faldriqueira impermeable para meter os móbiles e todo o que non se poida mollar.

Aínda que non o pareza, a festa ten unha serie de normas que debemos cumprir. Durante a procesión do Santo está prohibido guindar unha soa pinga de auga. Tampouco se pode botar auga fóra da “zona húmida”, a que está delimitada para tal fin.

A festa naceu de maneira espontánea en 1984, cando os acalorados veciños, debido á calor do mes de agosto, comezaron a reclamar auga ás casas. No momento en que a primeira casa atendeu a petición, xurdiu a festa.

A celebración foi gañando adeptos ano tras ano, ata converterse nunha de máis multitudinarias de toda España. A Festa da Auga, que fusiona a tradición relixiosa e pagá, está declarada de Interese Turístico Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade