Publicador de contidos

Publicador de contidos

A feira XuvenLugo oferta atraccións e inchables para a rapazada durante o Nadal

A feira XuvenLugo oferta atraccións e inchables para a rapazada durante o Nadal

A cita atrae todos os anos moitas familias que valoran a oferta de lecer nun entorno pechado e ao abeiro do frío

G24.gal 27/12/2025 09:13 Última actualización 27/12/2025 10:50

O Pazo de Feiras e Congresos acolle ata o vindeiro 4 de xaneiro a feira de lecer XuvenLugo 2025. Dirixido ao público infantil, ofrece atraccións, inchables, xogos e actividades deportivas.

Nestas xornadas de frío, convértese nunha das opcións preferidas das familias que estes días teñen a rapazada na casa durante as vacacións do Nadal.

Como novidade, este ano é posible mercar as entradas a través da Internet, na páxina web xuvenlugo.com, co obxectivo de evitar as colas na entrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade