Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maker Faire, a feira que pón en valor os oficios tradicionais

Maker Faire, a feira que pón en valor os oficios tradicionais

A Casa das Máquinas de Santiago acolleu unha xornada de charlas, mesas redondas e obradoiros para conectar os oficios tradicionais coas novas xeracións

G24.gal 08/11/2024 14:51

Artesáns de moitos oficios diferentes compartiron cos mozos na Casa das Máquinas de Santiago os segredos dos seus traballos. Foi na décima edición da Maker Faire, a feira dos oficios tradicionais.

Dirixida a mozos, nenos e público en xeral durante toda a xornada houbo charlas nas que participaron expertos do sector e houbo obradoiros interactivos onde os asistentes puideron experimentar de primeira man o traballo artesanal.

O obxectivo é conectalos, con exemplos de éxito coas novas xeracións. E fano tamén desde a inclusión. Para que todos aprendan, coñezan os oficios antigos, e comproben que son parte do presente. Porque, aseguran desde a organización, "eles son o futuro", os herdeiros e responsables, desde a modernidade e creatividade, das nosas tradicións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade