Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección e a RFEF asentan as bases para unha nova etapa no fútbol feminino

A selección e a RFEF asentan as bases para unha nova etapa no fútbol feminino

Vinte e unha das convocadas viaxarán a Suecia. Mapi León e Patri Guijarro volven á casa

A RFEF e o CSD asumen por escrito as reivindicacións das futbolistas 

Non se sancionará as desconvocadas e haberá unha profunda e inmediata reestruturación do organigrama da Federación

G24.gal 20/09/2023 20:48 Última actualización 20/09/2023 21:18

Foi unha noite longa en Oliva. A xuntanza con Víctor Francos comezou máis tarde do previsto porque o avión das xogadoras do Barcelona saíu con atraso. 

"Ánimo coa reunión!", berráronlles unha trintena de afeccionadas ás portas do hotel de concentración. As conversas deron comezo ás once da noite. Había moito que debater arredor dunha convocatoria a que as futbolistas asistiron obrigadas ante a posibilidade de seren sancionadas. Pasadas as seis da mañá coñeceuse o acordo.

"Prefiro falar de inicio da posibilidade de que se solucionen as cousas", declarou Amanda Gutiérrez, presidenta de FUTPRO, á saída da xuntanza. O presidente do Consello Superior de Deportes asegurou: "A boa noticia é que vinte e unha xogadoras amosaron a vontade de quedar". E engadiu: "Hai dúas xogadoras que manifestaron o seu desexo de marchar por motivos persoais que hai que respectar"

Pola mañá púxemoslles cara a esas dúas xogadoras: eran Patri Guijarro e Mapi León, dúas das resistentes daquel grupo de 15 que iniciou as reivindicacións. "Ao final, nin Patri nin eu estamos na mesma situación que o resto de compañeiras. Sabemos que este non foi o mellor xeito de regresar a unha convocatoria", explicou Mapi. "É bastante difícil e moi duro estar aquí. A verdade é que mentalmente non estamos para continuar aquí", engadiu Patricia Guijarro. 

Os acordos, asinados pola Federación e o CSD, inclúen, ente outros puntos, a desconvocatoria sen sanción das dúas xogadoras, a creación dunha comisión tripartita de supervisión do pactado e cambios profundos e inmediatos na Federación.

Rafael del Amo, un dos nomes que en teoría están sobre a mesa, non se sente interpelado. "Vostede seguirá no cargo?", preguntoulle unha xornalista. "Claro que si, por que non?", contestou del Amo. "Porque as futbolistas piden unha reestruturación profunda do fútbol feminino e vostede é o seu máximo responsable", replicou a informadora. "Se escoitases os audios que teño delas non opinarías o mesmo", respondeu con rotundidade o presidente do Comité Nacional de Fútbol Feminino. 

As xogadoras son partidarias de desprenderse de todo o que teña que ver co pasado e as súas prácticas. Apuntan por exemplo aos próximos a Rubiales, como Andreu Camps, secretario xeral da Federación, ou Miguel García Caba, responsable de Integridade. No aire está tamén a continuidade da seleccionadora nacional Montse Tomé, moi tocada tras esta primeira e lamentable convocatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar