A Federación de Confrarías decide o 23 de abril se se mobiliza o sector
Dan tres semanas de prazo para ver como repercuten as axudas no sector
Van seguir traballando pero, segundo informan, nestas tres semanas vaise facer un seguimento moi exhaustivo para controlar se as axudas aprobadas polo Consello de Ministros, entre elas a rebaixa no prezo do gasóleo, teñen efecto ou non no sector.
Así nos describía este sábado a situación do sector pesqueiro un mariñeiro retirado co que falamos no porto de Burela.
Os de Pontevedra, que se xuntaron en Arcade, non eran moito máis optimistas.
Comentáronnos que as axudas aprobadas, ademais de insuficientes, non son equitativas.
As axudas tampouco se achegan ás bonificacións e exencións que pedía o sector.
Segundo comenta o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero, na actualidade sáese a pescar a perdas, pero o sector vai seguir traballando por responsabilidade social, malia a grave situación económica que atravesa.