A familia da desaparecida do buque do CISC demanda información
A familia da desaparecida do buque do CISC demanda información
Agardan á chegada das dilixencias para ver en que punto está a investigación
Critican o organismo público, pídenlle información e cuestionan responsabilidades
María del Carmen Fernández desapareceu do barco García del Cid hai 15 días
Os investigadores calculan que María del Carmen Fernández Cid debeu de caer ao mar Mediterráneo á altura de Denia. Parece ser que a viron o sábado día nove pola noite no García del Cid e que o domingo á mañá non estaba.
"Embarcara a primeiros de semana. Pouco máis sabe a familia, que agarda a chegada das dilixencias que se levan a cabo no Xulgado de Instrución número 21 de Valencia".
"O principal, de momento, sabemos que hai declaracións dos compañeiros, e logo debería haber gravacións, porque o barco ten cámaras para saber todos os datos da súa desaparición", explica Diego Leis.
O avogado da familia quere analizar as dilixencias non só para aclarar que pasou, tamén para descubrir que responsabilidades hai. Tempo atrás a desaparecida denunciara unha persoa do traballo por agresión sexual, pero o proceso parou despois de chegarse a un acordo entre as partes.
Posteriormente, a muller colleu sucesivas baixas. Agora volvía embarcar, incorporándose doutra baixa médica, e vira esa persoa á que denunciara.
"Parece ser que está confirmado que na navegación, non estivo, si coincidiron antes", comenta Diego Leis.
A familia pregúntanse pola aplicación de protocolos e demándanlle ao CSIC máis comunicación.
"É quen pensan que debería achegar información sobre a busca o que se fixo, o que pode saber...", di o avogado.
Aseguran que non saben nin os medios que puxo o CSIC para a procura de María del Carmen Fernández e cren que podería estar facendo máis.