Cargando resultados...
A explosión dunha caldeira calcina o garaxe dunha casa en Vilanova de Arousa
Os danos materiais foron cuantiosos pero non houbo persoas feridas
O interior do garaxe queimado
G24.gal
19/11/2022 12:50
Última actualización 19/11/2022 20:51
A explosión dunha caldeira situada nos baixos dunha vivenda na parroquia de Cardalda, no municipio de Vilanova de Arousa, deixou calcinado o garaxe do domicilio. Os danos materiais foron cuantiosos pero non houbo persoas feridas.
Segundo o 112, ocorreu sobre as nove da noite. Na extinción participaron bombeiros de Ribadumia e de Vilagarcía, que controlaron as lapas e conseguiron retirar un dos vehículos estacionados na cocheira.
No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil, da Policía Local e membros de Protección Civil.
