Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez promete un decreto urxente de vivenda tras o desafiuzamento de Maricarmen

Sánchez promete un decreto urxente de vivenda tras o desafiuzamento de Maricarmen

O presidente do Goberno pide responsabilidade aos grupos para evitar alzamentos coma o da anciá de Madrid: : "É unha traxedia social"

G24.gal 24/09/2026 07:47

O presidente do Goberno Pedro Sánchez avanza que o Goberno enviará ao Parlamento de xeito urxente un novo real decreto de vivenda. Pide  responsabilidade e altura de miras aos grupos parlamentarios para validalo e evitar unha nova traxedia social como a de Maricarmen.

"O desafiuzamento de Maricarmen é unha traxedia social que non podemos aceptar nin como país nin, por suposto, tampouco desde o punto de vista das institucións publicas", subliñou Sánchez nunha comparecencia de prensa en Nova York, onde criticou con dureza tanto o Concello de Madrid como o Goberno autonómico.

O presidente acusa as administracións competentes de estaren máis preocupadas en comprar e vender con diñeiro público "aticazos de douscentos metros con terraza".

Sánchez insistiu en que o Goberno vai facer todo o que estea na súa man e que non descarta nada, pero non quixo avanzar detalles e en todo momento puxo o foco nos grupos parlamentarios, ao lembrar que este ano impediron validar un real decreto lei que evitaría o desafiuzamento de Maricarmen, a muller de 87 anos obrigada este mércores para deixar o seu piso en Madrid tras sete décadas pagando o seu alugueiro.

Ao seu xuízo, é imperioso aprobar unha lei non só para resolver a traxedia social que supón ese desafiuzamento, senón tamén para abordar no seu conxunto o problema da vivenda.

Sánchez pediu aos grupos actuar por riba das cores políticas e ser conscientes da gravidade da situación e de que hai ferramentas fronte á insensibilidade ou a falta de compromiso dalgunhas administracións.

Sumar pediu que o real decreto lei de vivenda chegue ao Consello de Ministros o vindeiro martes, pero o presidente limitouse a sinalar que se aprobará de xeito urxente, cando sexa necesario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade