Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PAM gaña unhas eleccións marcadas pola abstención en Marrocos

O PAM gaña unhas eleccións marcadas pola abstención en Marrocos

Case nove horas despois do peche dos colexios electorais, o ministro do Interior, Abdeluafi Laftit, anunciou a vantaxe da formación, que se alzaría con 97 dos 395 escanos do Parlamento

O PAM impúxose aos seus socios de coalición: RNI (Agrupación Nacional de Independentes), que pasa de liderar o Executivo a segunda forza con 66 escanos, e Istiqlal (nacionalista), que mantén o terceiro posto, con 65 asentos na Cámara

G24.gal 24/09/2026 08:17

Partido Autenticidade e Modernidade (PAM, liberal), membro da coalición de Goberno saínte, proclamouse vencedor das eleccións lexislativas de Marrocos, marcadas por unha abafadora abstención do 61,9 %, a máis alta en vinte anos, segundo datos provisionais do Ministerio do Interior marroquí.

Case nove horas despois do peche dos colexios electorais, o ministro do Interior, Abdeluafi Laftit, anunciou a vantaxe da formación, que se conquistaría 97 dos 395 escanos do Parlamento.

O PAM impúxose aos seus socios de coalición: RNI (Agrupación Nacional de Independentes), que pasa de liderar o Executivo a segunda forza con 66 escanos, e Istiqlal (nacionalista), que mantén o terceiro posto, con 65 asentos na Cámara.

Os resultados anunciados polo titular de Interior non amosan sorpresas sobre as proxeccións dos analistas, que vaticinaban a vantaxe do PAM, seguido polos seus socios de coalición.

O PAM foi fundado en 2008 entre outros por Fouad Ali El Himma, compañeiro de colexio do rei Mohamed VI e conselleiro real. É tamén, desde hai dous meses, a formación de Fouzi Lekjaa, titular de Orzamento, presidente da Federación Marroquí de Fútbol e unha das figuras que terá maior protagonismo na nova lexislatura, debruzada no Mundial 2030 que Marrocos organiza con España e Portugal.

A sorpresa da xornada chega da man da Partido Xustiza e Desenvolvemento (PJD, a súa sigla en francés, islamista moderado), que gaña 54 escanos tras a desfeita electoral sufrida hai cinco anos, cando baixou de 125 a 13 asentos.

A derrota puxo fin a unha década de predominio electoral do PJD, que chegara ao Goberno tras as protestas de 2011 e volveu impoñerse nas lexislativas de 2016.

Alegría tamén nas filas da esquerda, que a pesar de a súa presenza minoritaria no escenario político marroquí logra avances significativos ao conseguir oito lexisladores.

Os escanos repártense segundo un sistema que se calcula non en función dos votos válidos senón do número de rexistrados en cada circunscrición, o cal favorece a fragmentación e impide as maiorías absolutas.

Con esta premisa, analistas locais coinciden en que é moi probable que se repita a actual coalición de Goberno -PAM, RNI, Istiqlal-, aínda que con maior peso dos liberais.

A abstención, a gran protagonista

As proxeccións dos expertos, que anunciaban unha abafadora abstención como proba do distanciamento entre a clase política e a sociedade marroquí, acertaron de cheo.

A cita deste mércores contou só cun 38,08 % de participación, a cifra máis baixa desde 2007, uns seis millóns de electores dos 15,8 rexistrados no censo electoral, condición necesaria para votar no país. En contra da tendencia xeral, Laftif destacou a grande afluencia de votantes no Sáhara Occidental, que cifrou nun 77 % en El Aaiún e un 61% en Dakhla.

A elevada abstención foi unha característica repetida nos sucesivos comicios electorais durante os últimos 25 anos. En 2021, na última convocatoria, a abstención chegou ao 49,6 %, unha cifra que aínda sendo moi alta significa a maior participación en 20 anos, lixeiramente por encima do 50 %.

A xornada transcorreu con normalidade salvo por incidentes illados que non tiveron impacto no proceso electoral, dixo o ministro, sen mencionar as denuncias sobre manipulación de urnas e votos en mesas electorais de Tánxer (norte). Uns 3.000 observadores, entre eles 200 internacionais, seguiron o proceso, engadiu.

Tras a divulgación dos resultados oficiais, o rei Mohamed VI nomeará o novo presidente do Goberno, que será un membro do PAM, o partido que obtivo o primeiro posto destas eleccións. O favorito, segundo os analistas, é Lekjaa, aínda que o partido conta cunha dirección colexiada na que participan os actuais ministros de Vivenda Fatima Ezzara Al Mansouri e Mocidade e Cultura Mehdi Bensaid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade