Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Estrada celebra esta fin de semana a XLVIII Festa do Salmón

A Estrada celebra esta fin de semana a XLVIII Festa do Salmón

Desde hoxe xa se poden probar manxares elaborados con salmón pero o prato forte será o domingo coa degustación de 20 receitas 

G24.gal 13/05/2022 14:49

Regresa a Festa do Salmón á Estrada esta fin de semana. O domingo como día grande desta festa de interese turístico, veciños e visitantes poderán degustar as 20 propostas culinarias deseñadas polos hostaleiros locais. Receitas co salmón como principal ingrediente, e que neste último mes se converteu case nun artigo de luxo pola suba do seu prezo.

Á prancha, guisado, ao forno... Multitude de maneiras de preparar o que será o protagonista esta fin de semana na Estrada: o salmón. A súa festa leva celebrándose desde 1974, e o seu produto estrela converteuse nun artigo case de luxo. "Hoxe está a 15 euros ao corte, estaba a 20 e leva así todo o mes. Hoxe e mañá a ver se o podemos poñer un pouco máis a prezo para que veñan os clientes e o poidan levar" explica Mari Bernárdez peixeira da localidade. 

Así e todo, isto non impide que estes días o salmón sexa o máis vendido, tanto para preparar auténticos manxares nas casas como para os locais de hostalería da Estrada. Pezas de 5 a 6 quilos que van directamente aos establecementos para preparar a súa tapa de hoxe. "Imos facer un salpicón de salmón con aguacate en tosta", comenta Lucía, dunha cafetería da Estrada. E para o domingo, máis. "Con cada consumición poñemos a tapa de balde: empanada de salmón e tamén pasta con salmón" engade.

Hoxe xa se poden probar os primeiros bocados nunha ducia de locais, pero o prato forte será o domingo coa degustación de 20 receitas. Bandexas con dúas racións a 5 euros para deleitar os presentes.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade