Publicador de contidos

Publicador de contidos

A estación de Manzaneda abre varias pistas esta fin de semana

A estación de Manzaneda abre varias pistas esta fin de semana

As temperaturas frías permitiron poñer en funcionamento os canóns de neve artificial con que conta a estación de montaña
 

G24.gal 26/01/2023 21:35 Última actualización 26/01/2023 21:52

Os amantes do esquí poderán regresar a partir de mañá á estación de Manzaneda. As temperaturas dos últimos días permitiron poñer en funcionamento os canóns de neve artificial e facer aptas para o esquí varias das súas pistas. 

Así que a partir deste venres Manzaneda terá operativos todos os seus servizos. Hai unha semana tentouse abrir a estación logo da neve que caeu de xeito natural, pero as intensas chuvias que viñeron despois imposibilitaron a reapertura.

As temperaturas frías e a humidade destes últimos días permitiron agora poñer en funcionamento os canóns de neve artificial con que conta a estación de montaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade