Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xuízo pola primitiva millonaria da Coruña pon o foco na agardada declaración dos acusados

O xuízo pola primitiva millonaria da Coruña pon o foco na agardada declaración dos acusados

Está previsto que os acusados, que se enfrontan a unha petición de seis anos de prisión, testifiquen o luns

G24.gal 17/04/2026 13:56

Os policías que investigaron o caso da primitiva premiada non teñen dúbidas. Teñen a absoluta certeza de que o loteiro de San Agustín, que sostén que atopou o boleto abandonado no mostrador da súa administración, mentiulle ao suposto lexítimo propietario do boleto e díxolle que non tiña premio.

"Chegamos á conclusión de que hai unha persoa que está en fronte da persoa que rexenta a dependencia de loterías e que está ese tempo aí mentres realiza as operacións. Unha mesma persoa".

Cren que José Luis Alonso, falecido no 2014, é esa persoa. De feito, a súa filla, no xuízo, fixo alusión a un extracto dunha tarxeta de crédito que sitúa o home no centro comercial onde se selou o boleto premiado e tamén nas proximidades da administración de San Agustín, que foi onde presuntamente a comprobou. Amais, concretou que o seu proxenitor xogaba números fixos vencellados a datas de nacementos.

"Era habitual que meu pai utlizase as datas de nacemento e de súpeto decateime de que, efectivamente, esa combinación ten que ver coa súa data de nacemento".

Unha aposta que acompañaba a Primitiva premiada, que era automática, cando se comprobaron os boletos no despacho de San Agustín. Testificou tamén a irmá dos acusados, que traballa de administrativa na delegación provincial de Loterías. Asegurou que nunca se falou de quedar cos cartos, cos 4,7 millóns de euros.

"Ningún dos dous ten unha mente conspiranoica. E o meu irmán Manuel non tería 'huevos' para facer semellante cousa".

O xuízo retómase o luns coa declaración das últimas testemuñas e da tan agardada versión dos investigados que se enfrontan a seis anos de cadea. O loteiro está acusado de quedar coa Primitiva millonaria, e o seu irmán, que no 2012 era delegado provincial de Loterías, de colaborar para que fose posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade