Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escola Mestra Clara Torres de Tui, un centro rural agrupado modélico

A escola Mestra Clara Torres de Tui, un centro rural agrupado modélico

Cinco aulas en cinco parroquias de Tui, para manter os cativos na súa contorna

O seu éxito radica na complicidade con toda a comunidade

G24.gal 28/10/2021 13:42

Co saúdo un por un, comezan cada xornada. Na escola Mestra Clara Torres, de Tui, a educación en valores supón falar de emocións e fomentar a felicidade.

Cinco aulas en cinco parroquias de Tui, para manter os cativos na súa contorna. Nesta de Baldráns, por exemplo, aprenden xuntos 15 nenos e nenas de 3 a 5 anos. Eles teñen claro o que máis lles gusta da escola.

Traballan dende a psicomotricidade á robótica, sempre coa ollada posta na contorna. Aí radica o seu éxito: na complicidade con toda a comunidade achegando para o desenvolvemento dos cativos e cativas.

Nalgunha das parroquias só hai sete alumnos na aula, o mínimo para evitar que se pechen son seis.

Por cada unha delas pasan os especialistas e pedagogos do corpo educativo, formado por máis dunha ducia de profesionais que traballan coa convicción de que dende o rural se pode acadar a excelencia educativa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade