A escaseza de berberecho dispara os prezos por riba dos 20 euros
Muros e o río Anllóns son os principais produtores nesta época
O berberecho é pequeno pero acada prezos nunca vistos en Muros
130 mariscadoras de Muros e Noia apuran a marea na praia de Anido. Levan traballando aquí case todo o verán agás unha semana que pararon pola toxina. Cada día collen uns 350 quilos de berberecho e como no resto de Galicia non abonda, páganllo ben. A demanda do turismo fai o resto...
"O prezo é incrible. Lévano pagando todo o verán a 17 ou 18 euros e agora estes días ao non habelo noutros sitios vai sobre 20-21 euros", comenta Adela Lestón, presidenta da Agrupación de mariscadoras a pé de Muros.
Escaseza
Con Noia pechado ata outubro ou novembro a oferta redúcese. Muros e o río Anllóns son os provedores máis estables. Nestas dúas semanas de agosto vendéronse 16.000 quilos de berberecho en Galicia, cinco veces menos ás rexistradas o ano pasado.
Topes pequenos
Cada mariscadora ten un límite de 3 quilos de berberecho. "Outros veráns era de 10 ou de 5 quilos. Houbo que baixar a 3. Hai pouco e é moi pequeno", destaca Adela Lestón. A especie máis estable está sendo a ameixa xaponesa: teñen 7 quilos de tope e na lonxa estase pagando a uns 13 euros de prezo medio. O ameixón tamén está deixa boas cotizacións. Hai uns anos pagábase a 5 euros e agora está por enriba dos 12.