Publicador de contidos

Publicador de contidos

A EMA valida a combinación de distintos tipos de vacinas ao aumentar a protección

A EMA valida a combinación de distintos tipos de vacinas ao aumentar a protección

Din que combinar as de Pfizer ou Moderna coas de AstraZeneca ou Janssen produce unha boa resposta de anticorpos

Pfizer indica que a súa vacina protexe contra a variante ómicron

G24.gal 08/12/2021 23:57

A farmacéutica Pfizer indica que a súa vacina protexe contra a variante ómicron. Un estudo preliminar apunta a que con dúas doses se evitan os cadros de enfermidade grave.

E no caso de ter a terceira dose de reforzo a protección aumentaría e sería similar á que hai actualmente fronte ao resto de variantes. Pfizer asegura que no mes de marzo terá lista unha vacina adpatada á cepa ómicron.

A UE aconsella mesturar vacinas

A Unión Europea aconsella mesturar vacinas de distinto tipo para obter unha protección máis alta contra o virus da covid-19.

Segundo os expertos, combinar as vacinas de ARN negativo, como son as de Pfizer ou Moderna, coas máis tradicionais de AstraZeneca ou Janssen produce unha boa resposta de anticorpos e unha protección celular aínda maior.

Os informes científicos avaliados pola Axencia dos Medicamentos e o Centro de Prevención e Control de Enfermidades amosan que os beneficios serían superiores a inmunizar co mesmo tipo de vacina.

Ademais, a combinación sería recomendable nas doses de reforzo e, segundo os dous reguladores sanitarios, pode acelerar as campañas de vacinación, ao ofrecer máis flexibilidade na subministración das doses.

Todo isto cando nas últimas 24 horas saltaron 63 novos contaxios con ómicron na UE. A variante circula xa en 19 socios europeos e en varios deles os contaxios son de transmisión comunitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade