A elección do novo Pontífice tivo un peso especial no Perú
A comunidade peruana en Galicia felicítase pola visibilidade que lle dará ao país León XIV
Reaccións tamén na Igrexa galega, que acolleu o nomeamento de León XIV con sorpresa, pero tamén con satisfacción
O eco da noticia tivo un peso especial no Perú pola dobre nacionalidade do pontífice: estadounidense e peruana. Con sorpresa e emocionados escoitaban as súas primeiras palabras en español.
A comunidade peruana en Galicia felicítase pola visibilidade que lle dará ao país onde León XIV viviu durante catro décadas.
Reaccións tamén na Igrexa galega, que acolleu o nomeamento de León XIV con sorpresa, pero tamén con satisfacción. Os bispos salientan das súas primeiras palabras a vocación de continuidade do legado do papa Francisco.
Gustoulles a emoción do novo pontífice no balcón do Vaticano, as súas primeiras palabras "a paz estea con vós" e destacan tamén a súa aposta pola dimensión social da Igrexa.
Moitos galegos sabían polo repicar das campás das igrexas da elección do novo papa.