Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ecomomía galega botou o freo no segundo trimestre, en que medrou o 0,1 %

A ecomomía galega botou o freo no segundo trimestre, en que medrou o 0,1 %

O PIB creceu un 1,5% no segundo trimestre en comparación co mesmo periodo do 2022

A cifra de crecemento de abril a xuño supón un punto menos respecto ao primeiro trimestre do ano, en que o PIB galego creceu un 1,1 %

G24.gal 25/08/2023 11:18

A economía galega creceu un 0,1 por cento no segundo trimestre, un punto menos ca o trimestre anterior, cando o incremento do PIB foi do 1,1, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Con respecto ao segundo trimestre do ano anterior, o produto interior bruto aumentou un 1,5 %, o que vén sendo a metade do que medraba interanualmente no trimestre anterior (3 %).

A Xunta destaca este incremento con respecto a 2022, así como que, desde o punto de vista da demanda, o consumo público aumentou un 3,4 % no último ano e a formación bruta de capital creceu un 2,4 %.

Pero ao mesmo tempo reduciuse un 0,5 % o gasto dos fogares e un 0,7 % a importacións de bens e servizos.

No que respecta á oferta, a construción creceu un 3,6 %; a industria, un 1,8 %, e os servizos, un 1,4 %.

Ademais, os datos de contabilidade trimestral do IGE mostran que o emprego –medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo- creceu no segundo trimestre un 1,9 % -fronte ao 1,4 % do primeiro trimestre- o que supón un incremento de 19.349 postos de traballo.

O emprego creceu sobre todo no sector primario, un 5,6 %; mentres que na construción foi do 2,1 %; e un 1,6 % tanto no sector da industria como no sector servizos.

Pola súa banda, a economía española avanzou un 0,4 % entre abril e xuño, unha décima menos respecto ao crecemento do primeiro trimestre (0,5 %), segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) o pasado mes de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade