Cargando resultados...
A DXT vai instalar novos radares e drons nas estradas
Instalaranse un total de 26 radares, 10 deles serán fixos
Os novos drons sumaránse aos 40 que hai na actualidade

G24.gal
18/11/2021 16:17
A DXT vai instalar novos radares e drons para controlar o cumprimento das medidas de seguridade: a velocidade, o uso do cinto de seguridade e a utilización dos teléfonos móbiles principalmente.
Anunciouno o director xeral de Tráfico, Pere Navarro, no Congreso. Instalaranse un total de 26 radares, 10 deles fixos en diferentes estradas e novos drons que se sumarán aos 40 que hai na actualidade.
O obxectivo da DXT é reducir nun 50% os falecidos e feridos graves nas estradas a finais desta década.